1. Subvencións
para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e
medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.
Os comerciantes retallistas poden solicitar xa as seguintes axudas:
- Acondicionamento do local comercial
- Investimento máximo subvencionable 10.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención ata o 40 %.
- Mellora da imaxe exterior, moblaxe e equipamento
- Máximo de 5.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención ata o 40%.
- Investimento máximo 4.000€ e porcentaxe subvencionable de ata o 50%.
- Desenvolvemento e implantación de solucións de empaquetado e etiquetaxe.
- Investimento máximo 5.000€ e porcentaxe subvencionable de ata o 50%.
- Implantación de sistemas de comercialización que combinen venta online e offline, así como a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento.
- Investimento máximo 6.000€ e porcentaxe subvencionable de ata o 50%.
- Páxina web comercial.
- Investimento máximo 1.000€ e porcentaxe subvencionable de ata o 50%.
- Implantación de sistemas de comercialización online que implique o uso de redes sociais.
- Investimento máximo 8.000€ e porcentaxe subvencionable de ata o 50%.
Os beneficiarios poderán solicitar unha subvención por cada actuación subvencionable e non se poderán superar en total os 39.000€ para os comercios.
O prazo para solicitar as axudas remata o 18 de febreiro de 2016.
O prazo para solicitar as axudas remata o 18 de febreiro de 2016.
2. Subvencións
para a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que
transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e
fomentando a rexeneración do tecido comercial.
As axudas serán de:
o
800€ para os trasmisores da actividade comercial
o
2.000€ para os adquirintes do negocio comercial
O prazo para solicitar estas
axudas remata o 31 de agosto de 2016.
3. Incentivos á contratación
indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas
traballadoras autónomas ou persoas profesionais.
As axudas están destinadas á contratación de persoal infinido promovido
por autónomos ou profesionais. As contías dos incentivos a este tipo de
contratación son:
a) Ata 6.000€ pola primeira
persoa traballadora indefinida contratada durante o primeiro ano.
b) Ata 7.000€ pola segunda e
terceira persoa traballadora indefinida contratada ata o terceiro ano de
actividade.
O prazo para solicitar estas axudas remata o 30 de setembro de 2016.
Para máis información podedes consultar a web www.galiciadecompras.es, no apartado de Noticias de Interés ou poñervos en contacto con nós.